«As mulleres na economía social»

Dentro do proxecto «As mulleres na economía social» estos son os outros vídeos que se fixeron para a campaña da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Noraboa a Rosa, María, Jéssica e Sonia!!!
Sodes fantásticas!

Rosa Gutiérrez é directora de negocio en Galega de Economía Social (GES), unha xestora de centros especiais de emprego.

https://www.youtube.com/watch?v=PFQMbDdaxT8

María Caldeiro é xerente da fundación Fundamar, a Fundación para a Pesca e o Marisqueo, unha entidade cuxo patronato está formado pola patronal Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) e os sindicatos UGT e CCOO, que conforman a maioría da representación no ámbito

https://www.youtube.com/watch?v=m_NV2bFZuDE

Jessica Rey é a responsable do departamento de Marketing en Casa Grande de Xanceda, unha sociedade agraria de transformación.

https://www.youtube.com/watch?v=sxjRkZjSTDY

Sonia González é a directora de Persoas e Responsabilidade Social en Clun, unha cooperativa que nace da integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto con vocación de ser referente no sector agrogandeiro galego.

https://www.youtube.com/watch?v=b6lzvTqS8Ak

O da nosa compañeira Raquel:

Raquel Sedes é a responsable de Recursos Humanos, Calidade, Medio Ambiente e Responsabilidade Social Empresarial de Metal Ferrol, unha sociedade laboral. Esta entidade é un gran exemplo de xestión que foi galardoada no ano 2015 e 2016 pola súa responsabilidade social nos premios RSE da Xunta de Galicia.

 

Más info:

http://eusumo.gal/mulleres-na-economia-social

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, súmase á campaña Mulleres Na Economía Social para amosar o seu compromiso con este sector que impulsa a igualdade e a ampla participación das mulleres. O conselleiro considera que como sociedade debemos seguir apostando por este modelo económico, centrado nas persoas, que nos permite ser máis solidarios.

https://www.youtube.com/watch?v=Z8zIy12qN8U&feature=youtu.be

#MulleresNaEconomíaSocial

Compartimos con vós un novo vídeo da campaña #MulleresNaEconomíaSocial na que participou a nosa compañeira Raquel.

https://youtu.be/CRL6BipnnRU

Para saber máis deste proxecto pinchade no enlace:

http://eusumo.gal/mulleres-na-economia-social?fbclid=IwAR0bLWRSF-UQewzhW6UNymNoiXWVVHbKHzoJ8lyfk7dvA3FmRr2I8vSrdJo

Vídeo Mulleres na economía social Galega

Compartimos con vós un vídeo que amosa o talento dunhas cantas mulleres da economía social galega. Unha delas é a nosa compañeira Raquel.

Parabéns as 5!! Gracias polo voso traballo, esforzo e implicación diaria.

Campaña “Mulleres na economía social”

O elemento central desta campaña é un vídeo no que se amosan os avances das mulleres no eido da economía social, así como a necesidade de continuar avanzando cara a unha igualdade real. Unha igualdade que promova máis coñecemento, máis benestar, máis participación, que potencie valores solidarios, relacións baseadas na cooperación, respecto mutuo e corresponsabilidade.

Uns versos extraídos do poema “Follatos”, da poeta Filomena Dato Muruais (1859-1926), recórdannos que xa no século XIX se alzaban voces en defensa do talento das mulleres, e serven como vínculo para poñer en valor o papel da muller na economía social.

Nesta campaña interveñen Raquel Sedes, responsable de RRHH, Calidade, Medio Ambiente e RSE de Metal Ferrol SAL.; María Caldeiro, xerente de FundamarSonia González, directora de Persoas e RSC en CLUNRosa Gutiérrez, directora de negocio de Galega de Economía Social; e Jessica Rey, responsable de Márketing en Casa Grande de Xanceda. Por último, Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, pecha o vídeo ensalzando a importancia da muller en Galicia e, en especial, na economía social.